Comentario PLE

1- Neste vídeo explícase que un PLE non é un método de ensino senón unha forma de aprendizaxe onde cada quen ponse os seus propios obxectivos e tenta cumprilos empregando unhas ferramentas, recursos e unha rede de persoas.

 

2- Neste vídeo explícase a idea de PLE (Personal Learning Enviroment) como un conxunto de fontes, ferramentas e relación con outras persoas na que unha persona aprende lendo diversa información de Internet, reflexionando sobre ela para comprendela de compartíndoa cos demais para manter un equilibrio entre dar e recibir. Por todo isto, un PLE non é unha forma de ensino máis, senón un entorno de aprendizaxe.

 

3- Fronte o método tradicional de aprendizaxe onde o alumno recibe a información dos libros de texto xurde a metodoloxía do PLE onde o profesor se converte nun guía e o alumno busca a información na rede e saca as súas propias conclusións.

 

4- A web 2.0 converte aos consumidores en prosumidores, que ademáis de consumir tamén producen e comparten información. Ademais a información distribúese en lugar de estar concentrada nas mans duns poucos. Tamén fomenta as relacións sociais mediante as redes sociais.

 

5- As redes sociais permítennos ver as conexións ocultas que existen na vida real, é dicir, a xente que poderíamos chegar a coñecer a partir da que xa coñecemos. Esta xente que poderíamos coñecer pode ter oportunidades para nós que doutra forma non conseguiríamos.

Esta entrada foi publicada en TIC 2º Bac e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

Os comentarios están pechados.