SIDA e VIH 1

A SIDA é causado polo virus de inmunodeficiencia adquirida (VIH), que ataca e debilita o sistema inmunitario. Ao debilitar as defensas, calquera enfermedade común pode chegar a ser mortal e tamén aumenta as probabilidades de enfermar de cáncer. Ademais, unha vez que a persoa contrae o virus, este permanece de por vida.

 

Aquí un vídeo no que se explican as formas de transmisión:


Esta entrada foi publicada en Bioloxía 2º Bacharelato, TIC 2º Bac e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

10 Responses to SIDA e VIH 1

  1. raul2bio di:

    A SIDA(síndrome de inmunodeficiencia adquirida) é unha síndrome causado polo virus do VIH.Este síndrome debilita o organismo,o que fai que un resfriado ou un catarro podan ser mortais.Neste vídeo podemos ver todos os distintos mitos que xurdiron sobre a SIDA e o VIH e sobre a súa transmisión

  2. isabel2bio di:

    Neste vídeo preséntasenos os mitos e verdades relacionados ca SIDA e o VIH que, aínda que agora parécenos obvias, non fai tanto todo isto era descoñecido e a xente marxinaba aos contaxiados coma se fosen leprosos.

  3. alvarogran2bio di:

    como breve resumo ó vídeo cabe destacar o feito de que a SIDA e o VIH non son o mesmo, o VIH é o virus que provoca a enfermidade (a cal debilita o sistema inmunitario de tal maneira que unha gripe pode ser mortal).Esta pode ser trasmitida no acto sexual ó igual que por sangue infectada.

  4. daniel2bio di:

    É sorpendente a cantidade de mitos que poden existir sobre unha enfermidade como a SIDA. A SIDA só pode contaxiarse se o contacto involucra ós órganos sexuais polo que, vivir cunha persoa con SIDA ou mesmo compartir roupa con esa persoa, non vai provocar que padezas SIDA.

  5. lauragon2bio di:

    O virus do (VIH) é o virus que provoca a SIDA. Cando unha persoa é infectada, este ataca ao seu sistema inmunitario facendo que sexa máis susceptible a contraer enfermidades. Existen moitos mitos falsos sobre a transmisión de este virus como por exemplo contraelo compatindo baño, alimentos, roupa ou convivindo.
    Este transmítese principalmente a través de relacións sexuais sen condón e mediante transfusións de sangue contaminadas.

  6. alvaro2bio di:

    Este vídeo é un claro exemplo de todos os mitos que existen sobre a transmisión do virus VIH/SIDA.Paréceme un vídeo importante xa que a xente ten medo a relacionarse con persoas que padecen esta síndrome,por medo a padecela e en realidade é moi difícil de transmitir.

  7. eva2bio di:

    Este vídeo axuda a aclarar falsas crenzas sobre a SIDA e o VIH, como que esta enfermidade se pode contaxiar a través dun bico. Aclara tamén certos aspectos polos que sí se contaxia, un exemplo é a sangue infectada, ou cos que se pode previr, o uso de preservativos.

  8. marta2bio di:

    O VIH pódese contaxiar a través de calquera tipo de relación sexual sen protección, en caso de que un dos participantes teña o virus, só se pode evitar co uso do condón. Tamén é moi fácil o seu contaxio por compartir agullas (pode contaxiarse polo sangue), pero non se pode transmitir por mosquitos, por dar a man ou por estornudar.

  9. javiercomen2bio di:

    Propagáronse moitos mitos falsos sobre o contaxio do VIH e a SIDA pola sociedade,a verdade é que o VIH é o virus que ataca o sistema inmunitario e a SIDA o conxunto de síntomas causados polo virus.O VIH transmítese por fluídos sexuais e polo sangue.

  10. pablo2bio di:

    Neste vídeo podemos ver como,aínda a día de hoxe, ca enorme cantidade de información que temos, moita xente sigue dubidando como se transmite A SIDA. A SIDA unicamente pode ser transmitido mediante fluidos sexuais ou pola tranfusión de sangue(contaminados).