SIDA3 (Actv 31)

A infección polo virus da inmunodeficiencia humana e a Síndrome de inmunodeficiencia adquirida (VIH/SIDA) é un espectro de enfermidades causadas pola infección polo virus da inmunodeficiencia humana (VIH). Tras a infección inicial, unha persoa pode notar ningún síntoma ou pode experimentar un período breve de cadro tipo influenza. Tipicamente, séguelle un período prolongado sen síntomas. A medida que a infección progresa, interfere máis co sistema inmunitario, aumentando o risco de infeccións comúns como a tuberculose, ademais doutras infeccións oportunistas e tumores que raramente afectan as persoas cun sistema inmunitario indemne. Estes síntomas tardíos de infección coñécense como sida, etapa que a miúdo tamén está asociada con perda de peso.

O VIH contáxiase principalmente por sexo desprotexido (incluído sexo anal e oral), transfusións de sangue contaminado, agullas hipodérmicas e da nai ao neno durante o embarazo, parto ou lactación. Algúns fluídos corporais, como a saliva e as bágoas, non transmiten o VIH. Comenta as  ideas do vídeo.

Esta entrada foi publicada en Bioloxía 2º Bacharelato, TIC 2º Bac e etiquetada . Garda o enlace permanente.

One Response to SIDA3 (Actv 31)

  1. lauragon2bio di:

    O virus do VIH afecta ao sistema inmunolóxico, concretamente aos linfocitos cd4. O virus métese dentro destas células, reprodúcese e rompe ós linfocitos provocando que as nosas células de defensa, é dicir, a nosa inmunidade se vexa destruída dificultando a defendesa do noso organismo ante outras infeccións bacterianas. Estas infeccións como por exemplo as que se dan na pel, as respiratorias e incluso algunhas oncolóxicas, habitualmente non afectarían ás persoas cunha inmunidade aceptable.