Actividade 12b

O que se pode comentar dos vídeos referidos ó PLE:

1- Un PLE non é unha aplicación, é un enfoque da aprendizaxe, na que o aprendiz propón os seus propios obxectivos e tamén é activo compartindo información. Baséase na posibilidade que dá Internet para utilizar un conxunto de ferramentas, recursos e fontes de información e contactar con outras persoas.

2-  A aprendizaxe mediante o PLE está formada por tres etapas:
-Ler información na rede, seguindo ou subscribíndose a algunha páxina que te interese e tendo coidado co exceso de información.
-Reflexionar sobre o que lemos.
-Compartir os nosos coñecementos na nosa Rede Persoal de Aprendizaxe (PLN), as redes sociais.

3- A metodoloxía do PLE rompe coa forma tradicional de aprendizaxe, na que o alumno recibe pasivamente información do profesor. Co PLE, o profesor simplemente guía ó aprendiz, e este dedícase a buscar información, a contrastala e a sacar as súas propias conclusións.

4- Pasamos de utilizar webs 1.0 onde o usuario é un espectador da información, ás webs 2.0, nas que o usuario non só consume, ademais produce información. As páxinas web xa non son estáticas, senón que pasan a estar cambiando constantemente. Todo isto fomenta as relación sociais, polo que tamén son chamadas webs sociais.

5- As redes sociais permítennos coñecer a moita xente, xa que podemos ver as relacións persoais dun amigo noso e podemos atopar facilmente xente que nos interese, a diferencia da vida real, onde non podemos ver as conexións persoais doutra xente.

Máis información sobre os PLE en CanalTic.com

Esta entrada foi publicada en TIC 2º Bac e etiquetada , . Garda o enlace permanente.