As Prantas da Clase Que Inclúen ao Millo e á Cana de Azucre Xurdiron Moito Antes do Creído

Segundo unha hipótese popular, as plantas como o millo, a cana de azucre, o paínzo e o sorgo, apareceron na historia evolutiva como consecuencia dun forte descenso nos niveis de dióxido de carbono atmosférico durante o período Oligoceno, hai máis de 23 millóns de anos. Non obstante, un novo estudo derruba esta hipótese, ao presentar as primeiras evidencias xeolóxicas de que os antecesores destas e outras plantas do tipo coñecido como C4 xurdiron millóns de anos antes do que creu ata agora.

O equipo de Feng Sheng Hu, biólogo da Universidade de Illinois especializado en vexetais, analizou as proporcións de isótopos de carbono dos grans individuais de pole de plantas, unha técnica da cal David Nelson (agora profesor da Universidade de Maryland) foi pioneiro ao traballar con Hu no laboratorio de bioxeoquímica da profesora Ann Pearson na Universidade de Harvard.Nelson e Michael Urban analizaron centos de grans individuais de pole recollidos de diversos puntos en España e Francia.Esta análise achegou probas inequívocas da existencia de plantas C4 no sudoeste de Europa a principios do Oligoceno. Isto significa que estas plantas xa existían hai entre 32 e 34 millóns de anos, moito antes de cando se produciu o citado descenso severo dos niveis de dióxido de carbono.Estas evidencias refutan a hipótese de que o baixo nivel de CO2 atmosférico foi un motor importante e / ou unha condición previa imprescindible para o desenvolvemento da fotosíntese

fonte http://www.amazings.com/ciencia/noticias/131210e.,

Acerca de nac812

Educador
Esta entrada foi publicada en Cultura científica 1º Bacharelato e etiquetada , . Garda o enlace permanente.

Os comentarios están pechados.