TIC 33. Agasalla un préstamo no Nadal

Consulta on line os fondos da biblioteca e agasalla un préstamos polo Nadal. Fai un comentario destacando o porque de esa selección.

Acerca de nac812

Educador
Esta entrada foi publicada en Cultura científica 1º Bacharelato, TIC 2º Bac e etiquetada . Garda o enlace permanente.

2 Responses to TIC 33. Agasalla un préstamo no Nadal

  1. braisramos2e di:

    O libro que eu escollín na biblioteca para agasallar a miña nai neste Nadal é “El diario de Ana Frank”. Trátase dun libro que eu xa lin e penso que ela tamén lle pode encantar, como no meu caso. É un libro moi emotivo que narra a historia dunha nena xudía durante a Segunda Guerra Mundial. O que pretendo con el é que miña nai vexa a forza desta nena e, polo tanto, que estas forzas lle sexan transmitidas a ela para facer fronte a este novo ano 2017.
    Para maís información sobre o libro, preme no seguinte enlace: http://www.salonhogar.com/espanol/literatura/ana_frank/tema_argumento.htm

  2. anton2e di:

    Este Nadal, promovendo esta actividade que nos presenta a Biblioteca, escollín para agasallar á miña Nai “La Ciudad de las Bestias”, unha novela fantástica de Isabel Allende.
    É un libro que eu xa lera fai tempo, uns dous anos máis ou menos, e narra as aventuras do xove Alexander ca súa intrépida avoa Kate no Amazonas; un libro de aventuras e fantasía que sei que lle gustará á miña nai xa que compartimos ese amor pola literatura.
    Déixovos aquí un enlace no que se queredes, podedes ler unha breve reseña sobre o libro e, mesmo, adquirilo por este Nadal.
    http://www.casadellibro.com/libro-la-ciudad-de-las-bestias/9788401341663/844386