CESGA

A CESGA é o centro de cálculo, comunicacións de altas prestacións e servizos avanzados da Comunidade Científica Galega, Sistema Académico Universitario e do Consello Superior de Investigacións Científicas.Esta fundación nace do compromiso da Xunta de Galicia de promover servizos comúns de apoio ás tarefas de investigación, e por outra banda, do interese do “Consello Superior de Investigacións Científicas” de promocionar en Galicia unha contorna de traballo na área do cálculo intensivo, comunicacións e servizos avanzados na sociedade da información e o coñecemento.

  • Suscribete a Novas CESGA

Ten como misión contribuír ao avance da Ciencia e a Técnica, mediante a investigación e aplicación de computación e comunicacións de altas prestacións, así como outros recursos das tecnoloxías da información, en colaboración con outras institucións, para o beneficio da Sociedade.

Ten fins de  investigar e usar o cálculo intensivo, comunicacións avanzadas e desenvolvemento das tecnoloxías da información e comunicacións, como instrumento para o desenvolvemento socioeconómico sustentable, dedicando especial atención ás relacións de cooperación entre os centros de investigación.

Esta entrada foi publicada en TIC 2º Bac e etiquetada . Garda o enlace permanente.

Os comentarios están pechados.