Detectar Células Individuais Usando Só Luz

 Un grupo de investigadores na Universidade de Rochester desenvolveu unha técnica óptica novidosa que permite a análise rápida de células humanas individuais do sistema inmunitario utilizando só luz. A dispoñibilidade da devandita técnica significa que os inmunólogos e outros investigadores de células poderán observar moi pronto a resposta ante diferentes estímulos de células individuais, en lugar de depender de datos estatísticos de grandes poboacións de células. Ata agora, os científicos careceron dunha forma non invasora de observar o modo en que as células humanas, como as células T ou as canceríxenas, se activan individualmente e evolucionan co paso do tempo. Esta é a primeira vez que se logra observar diferenzas claras entre dous tipos de células do sistema inmunitario utilizando un método baseado na microscopía, que recompila información química e estrutural mediante a combinación de dúas técnicas ópticas previamente separadas.
Conceptualmente, o funcionamento do novo sistema combinado é moi sinxelo. Proxéctase luz cunha lonxitude de onda específica sobre a mostra a examinar e obtense como resultado unha gran cantidade de picos distribuídos como un arco da vella. Estes picos revelan como vibran as moléculas que están a ser analizadas, e esa información sobre a vibración brinda os datos químicos. A información estrutural é obtida de xeito simultáneo examinando os ángulos nos cales a luz que incide sobre a mostra é desviada do seu curso orixinal.

fonte http://www.amazings.com/ciencia/noticias/110509d., noticiahi350.jpg

Acerca de nac812

Educador
Esta entrada foi publicada en Xeral e etiquetada . Garda o enlace permanente.

Os comentarios están pechados.