Explicamos o VIH

O un decembro foi o día interncional contra o virus do VIH e por ese motivo vamos explicar conceptos do VIH.

  • O VIH significa virus de inmunodeficiencia humana, causante da infección do mesmo nome. As siglas “VIH” poden referirse ao virus e á infección que causa.
  • SIDA significa síndrome de inmunodeficiencia adquirida. A SIDA é a fase máis avanzada de infección polo VIH.
  • O virus contaxiase por medio de contacto con algúns fluíos corporais dunha persoa infectada polo VIH. Esos fluídos son sangue, semen, líquido preseminal, secrecions vaxinais, secrecións rectais e leite materna.
  • Pouco despois da infección polo VIH, algunhas persoas teñen síntomas similares aos da influenza (gripe), como febre, dor de cabeza ou erupción cutánea.

Atopei un vídeo bastante sinxelo que explica os conceptos básicos de forma visual
https://youtu.be/tvACbSq2Pk0

Cal vos parece o mellor método de prevención?

Ademais deste vídeo deixo aquí os enlaces a unhas páxinas interesante que falan de mitos e verdades do VIH:
http://bit.ly/Ua3Ckb
http://bit.ly/2gab2yZ

 

Esta entrada foi publicada en TIC 2º Bac e etiquetada , , , . Garda o enlace permanente.

Os comentarios están pechados.