ACTIVIDADE 12b

Os vídeos presentan as seguintes ideas básicas:

  • O PLE é unha maneira de aprender, unha posibilidade que nos dá internet para desarrolarnos profesionalmente. Do PLE espérase que se participe activamente e que sexamos, ademais de consumidores, productores de información.
  • Este vídeo ten como obxectivo principal ensinarnos que é un PLE e en que se basea. Segundo o vídeo, un PLE é unha forma concreta de entender como se aprende e en que contextos.
  • Presenza cada vez maior nas escolas dun método de aprendizaxe no que os alumnos crean o seu propio entorno persoal de aprendizaxe. Desta forma, o profesor só é unha das moitas fontes que empregan os alumnos para obter a súa propia información, ademais de todas as ferramentas que nos proporciona a Web 2.0.
  • Nos últimos anos, paso da Web 1.0 á Web 2.0 na que se basa en:
    • Intelixenxia colectiva: o usuario pasa de ser consumidor a prosumidor (produce, comparte, interactúa e consume).
    • Coñecemento distribuído en diferentes repositorios.
    • A Web pasa a ser unha plataforma de servicios: os programas pasan de estar no noso ordenador a aloxarse na nube.
    • Web social: interacción entre os usuarios de todo o planeta.
  • No último vídeo, fálasenos do gran potencial que teñen as redes sociais, xa que nos permiten crear unha rede de persoas que nos axuden a encontrar traballo, parella, novos amigos… O problema das redes sociais é que ás veces non temos acceso a estas persoas, xa que a maioría das conexións atópanse escondidas.

Para máis información: preme aquí.

Esta entrada foi publicada en TIC 2º Bac e etiquetada , , , . Garda o enlace permanente.