Bacterias que camiñan valendose dos seus apéndices

Moitas infeccións resistentes aos fármacos son o resultado de biopelículas bacterianas, acumulacións estructuradas de bacterias que viven nas superficies, e que son extremadamente resistentes a tensións ambientais.

Estas biopelículas afectan á saúde humana de moitas maneiras. A fibrose quística, por exemplo, é unha enfermidade na que os pacientes morren por infeccións de biopelículas bacterianas das vías respiratorias, resistentes ata aos antibióticos máis potentes.

Agora, un equipo de investigadores descubriu que durante as etapas iniciais da formación de biopelículas, as bacterias poden desprazarse dun modo comparable a camiñar, como parte da súa adaptación a unha superficie.

Uns apéndices que funcionan como análogos das pernas, son os que fan posible este desprazamento comparable a camiñar, permitindo ás P. aeruginosa moverse con traxectorias optimizadas para a exploración da superficie, e nunha postura que podería definirse como “erguida, en pé,”. Grazas a esta mellor mobilidade, aliméntanse con maior eficiencia. A orientación vertical é tamén o primeiro paso para que a bacteria se desprenda dunha superficie.

 (fonte http://www.amazings.com/cienci

Acerca de nac812

Educador
Esta entrada foi publicada en Xeral e etiquetada , . Garda o enlace permanente.

Os comentarios están pechados.