A BURUNDANGA.

    • É posible que algúns pasaxeiros do Titanic consumisen ‘burundanga‘ na viaxe inaugural na que se afundiu o transatlántico. Daquela, era un medicamento para a ‘cinetose‘, mareo que algunhas persoas padecen ao viaxar en coche, en barco ou en tren. Tamén era usado como analxésico nos partos. Pero os seus efectos secundarios, en caso de pasarse da dose, podían incluír alucinacións e mesmo a morte. O seu investigador era Albert Ladenburg.
    • A burundanga, tamén chamada escopolamina,  é un alcaloide tropánico extremadamente tóxico que se atopa como metabolito secundario en determinadas plantas. Resultou ser a substancia psicotrópica perfecta para os agresores, provoca un automatismo no cerebro da vítima causando un estado de submisión ante calquera orde. Unha vez consumido, a vítima queda totalmente desprotexida.

 

Resultado de imagen de que es la burundanga y para que se utiliza

Esta entrada foi publicada en Cultura científica 1º Bacharelato, vídeos e etiquetada , . Garda o enlace permanente.

Os comentarios están pechados.