Colesterol perigos e niveis

A pesar de que algo de colesterol é necesario para a boa saúde, o exceso de colesterol no seu sangue pode aumentar o seu risco de ter un ataque ao corazón ou un derramo (embolia).

O colesterol en exceso no seu sangue pode almacenarse nas súas arterias, é dicir nos vasos sanguíneos que levan o sangue do corazón ao resto do seu corpo. A acumulación de colesterol dentro das súas arterias coñécese co nome de placa. Esta fará que as súas arterias se estreiten e endurezan o cal se coñece co nome de arterioesclerosis. Os depósitos grandes de colesterol poden bloquear por completo unha arteria. As placas de colesterol tamén se poden rachar causando a formación dun coágulo de sangue que bloquea o fluxo do sangue.

Se unha arteria que subministra sangue aos músculos do seu corazón se bloquea isto pode causar un ataque ao corazón (infarto). Se a arteria que lle subministra sangue ao seu cerebro se bloquea, pode acontecer un derramo cerebral tamén chamado embolia.

O colesterol viaxa a través do sangue en diferentes tipos de conxuntos chamados lipoproteínas.

As lipoproteínas de baixa densidade (LDL) liberan colesterol no corpo. As lipoproteínas de alta densidade (HDL) removen o colesterol do torrente sanguíneo.

Isto aclara porqué demasiado colesterol LDL é malo para o corpo e por que un nivel alto de colesterol HDL é bo. O balance entre os distintos tipos de colesterol indica o que o seu nivel de colesterol significa (ver o cadro que aparece abaixo).

 

Que tipo de biomolécula é o colesterol?

Acerca de nac812

Educador
Esta entrada foi publicada en Bioloxía 1º Bacharelato, Bioloxía 2º Bacharelato, Xeral e etiquetada , . Garda o enlace permanente.

Os comentarios están pechados.