CESGA

Resultado de imagen de cesgaO Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) é un centro de cálculo de altas prestacións situado na cidade española de Santiago de Compostela (A Coruña, Galicia). Entre as súas instalacións conta co supercomputador Finisterrae, Supercomputador Virtual Galego e outros Computadores Aloxados.O seu principal labor é proporcionar servizos avanzados de computación á comunidade científica galega, sistema académico universitario e ao Consello Superior de Investigacións Científicas.

Os servizos que presta o centro aos seus usuarios clasifícanse en almacenamento de datos, comunicacións, computación, Sistemas de Información Xeográfica, proxectos de investigación e desenvolvemento e videoconferencia. O centro encárgase de prestar o apoio técnico que require unha correcta explotación dos seus sistemas, así como facilita a presentación dos resultados dos traballos realizados.

Esta entrada foi publicada en TIC 2º Bac e etiquetada , . Garda o enlace permanente.

Os comentarios están pechados.