A viaxe da nave Juno

Juno é unha sonda espacial da NASA, pertencente ao programa New Frontiers. Foi lanzada o 5 de agosto de 2011 desde o Centro Espacial de Cabo Cañaveral (Florida), nun proxecto de 1.100 millóns de dólares para chegar ó planeta Xúpiter continuando as investigacións comezadas pola nave Galileo e proporcionar novos datos sobre o núcleo, a   composición e os campos magnéticos deste.

Resultado de imagen de juno jupiter

Tras case 5 anos de viaxe, o 4 de xullo deste mesmo ano, festa nacional en EEUU (madrugada do 5 en España), a nave entra na magnetosfera do enorme planeta. Levará a cabo unha estudada maniobra de freado e insercción na órbita que calcularon os responsables da misión para que a nave poida ser capturada na posición correcta.

Unha vez na órbita, Juno dará a volta a Xúpiter 37 veces durante 20 meses, uns 5.000 km da superficie por riba das nubes. E a primeira vez que unha nave orbita o mundo xoviano. Os científicos creen que Xúpiter, considerado como o que poido ser o primer planeta formado arredor do sol, poderia axudar a descubrir as oríxenes do sistema solar, e esperan que así sexa.


Webgrafía:

  • www.libertaddigital.com/ciencia-tecnologia/ciencia/2016-07-05/la-nave-juno-llega-por-fin-a-jupiter-tras-cinco-anos-de-viaje-1276577771/
  • http://www.gciencia.com/fotonautas/inminente-chegada-a-xupiter-da-nave-juno/
  • https://es.wikipedia.org/wiki/Wikipedia:Portada
Esta entrada foi publicada en Cultura científica 1º Bacharelato, vídeos e etiquetada . Garda o enlace permanente.

Os comentarios están pechados.