O máis saudable do amorodo son as pebidas

Neste artigo fálanos de que a mellor parte do amorodo non está dentro, senón que está na parte de fora, nas pebidas. Debemos lembrar que este froito ten as súas sementes na “pel”, ou sexa, na parte tecnicamente chamada “aquenio”.

Investigadores do Instituto Andaluz de Investigación e Formación Agraria, Pesqueira, Alimentaria e da Produción Ecolóxica (IFAPA), en colaboración con investigadores das Universidade de Vigo e da Marche, en Italia, demostraron que o aquenio, é dicir, as pebidas do amorodo, conteñen a maior cantidade de antioxidantes destes froitos, concretamente un 81%.

O persoal investigador deste proxecto chegou a estes resultados a través dun proceso de simulación dunha dixestión realizado en laboratorio, que lles permitiu cuantificar os antioxidantes de aquenio e amorodo que se liberan no estómago e intestino.

Resultado de imagen de fresas

Os deixo aquí un vídeo falando sobre os beneficios dos amorodos:


Un saudo.

 

 

Esta entrada foi publicada en Cultura científica 1º Bacharelato, vídeos e etiquetada . Garda o enlace permanente.

Os comentarios están pechados.