Relato MentalizARTE

Viñeta de Castelao“En Galiza non se pide nada. Emígrase”

Relato:

Son as dez da mañá nun porto galego. Un grupo numeroso de persoas está esperando a chegada dun barco, ese barco que xa levara a tanta xente, ese barco que só tiña viaxe de ida. Alí non atopamos a ledicia e as risas dos que van de vacacións, non, só podemos ver a tristura e os choros dos que emigran e dos que quedan. Galicia está nunha situación terrible, está oprimida, non se respectan os seus dereitos, os galegos deben levantarse para dicir “Xa basta”…, pero a realidade non é así. Os galegos non se queixan, simplemente o aceptan e marchan a América a intentar conseguir unha oportunidade para manter a súa familia.
– “Pois eu protesto!”, escóitase no porto. Un home comeza a berrar estas palabras e a multitude achégase a el. – “Por que teño que deixar a miña terra por culpa doutros?”. -“Tes razón, home.”, di un espectador. E comeza un barullo de persoas falando sobre como recuperar a súa dignidade como pobo e como conquistarían o mundo. Nisto escóitase o son que non querían oír, o barco xa chegara. De súpeto todos baixan á realidade, e eses desexos vanse esquecendo mentres soben.

Esta entrada foi publicada en TIC 2º Bac e etiquetada , . Garda o enlace permanente.