Visita a Santiago de Compostela

Resultado de imagen de catedral de santiago

O outro día fixemos unha visita co instituto á capital da nosa Comunidade Autónoma, Santiago de Compostela, na que non só se vai a ver a Catedral e a Praza do Obradoiro, senón que tamén hai museos e lugares relacionados coas novas tecnoloxías moi interesantes que visitar.

Nós visitamos MeteoGalicia, o Instituto Nacional de Estatística, o Centro de Supercomputación de Galicia e o Museo de Historia Natural.

Destes lugares, os máis interesantes na miña opinión foron o IGE e máis o CESGA, xa que son unha persoa á que lle gustan moito as matemáticas e a informática. Chamoume moito a atención a cualificación técnica que teñen as persoas que traballan  nestes lugares, todos teñen graos en física, matemáticas, enxeñaría informática…, o que me fai ver que se no futuro quero traballar neste sitios teño que alcanzar unha gran formación. Ademais, penso que é interesante destacar a importancia do CESGA, xa que lles serve a moitas outras institucións para realizar cálculos, como, por exemplo, a MeteoGalicia, e tamén a moitos centros de investigación.

Tamén  me pareceu interesante MeteoGalicia, xa que nos explicaron o método que eles empregaban para dar a información do tempo, os seus estudos sobre o clima, como se levaba a cabo un radiosondeo….

Todos os lugares nomeados son dignos de visitar, así que vos invito a que vaiades.

Resultado de imagen de meteogalicia

Esta entrada foi publicada en TIC 2º Bac e etiquetada , , , , . Garda o enlace permanente.

Os comentarios están pechados.