Visita Cultural a Santiago de Compostela

null

Á volta da ponte de Samaín, este último fin de semana (días 29,30,31 de outubro e 1 de novembro), os alumnos de 2º de Bachiller que cursamos as asignaturas de Tecnoloxías da Información e Comunicación (TICs) , Métodos Estadísticos e Numéricos (MEN) ou Bioloxía fomos nunha excursión, para visitar o MeteoGalicia, o IGE (Instituto Galego de Estatística), o CESGA (Centro de Supercomputación de Galicia) e o Museo de Historia Natural da USC.

En xeral, nos tres primeiros ensináronnos como se traballaba en cada un deles, e básicamente as funcións que cada un tiña. Aínda que, ademáis disto, fixemos algun que outro experemento, como no MeteoGalicia, no cal mandamos unha sonda duns 300 gramos, que contiña unhas baterías cun anticonxelante para que a grandes alturas non deixara de funcionar,  que tiña que subir ata uns 20 km de altura aproximadamente para medir o tempo de Galicia.

No IGE, fixemos unha enquisa na que comprobaron máis ou menos os nosos coñecementos sobre estadísticas en Galicia, e tamén nos ensinaron o procedemento para recoller os datos dunha persoa por medio dunha chamada telefónica.

Sobre o CESGA, fixen un artigo sobre elo, o cal podes ver premendo aquí.

O Museo de Historia Natural da USC, o cal nunha primeira instancia parecíame interesante, pero logo fíxoseme aburrido, xa que, deixáronnos alí para ver o que quixéramos, sen ningunha especie de “guía” que nos explicase as diferentes áreas penso que non foi a forma correcta de visitalo. Aínda que a verdade, é impactante ver todos esos animais alí expostos en cadanseu ecosistema.

 

Esta entrada foi publicada en TIC 2º Bac e etiquetada , , , , , . Garda o enlace permanente.

Os comentarios están pechados.