Visita a Santiago de Compostela

O día 2 de novembro visitamos Santiago de Compostela. Viaxamos en bus pola mañá e volvimos sobre as 7 da tarde, neste lapso de tempo visitamos primeiro o MeteoGalicia, onde aprendimos moitas cousas sobre o tempo e clima e soltamos unha sonda para medir a temperatura e o tempo; logo visitamos o IGE (Instituo Galego de Estatística), alí vimos como se fai unha entrevista telefónica e como facer unha enquisa; pola tarde viaxamos ó CESGA (xa fixen un artículo sobre o CESGA, entra nel e aprenderás cousas sobre o este) e por último o Museo de Historia Natural da USC.

No MeteoGalicia aprendimos como se lanzaba unha sonda, primeiro enchíase o globo de helio hasta que levante unha placa de 300 gramos, logo atábaselle unha aparello que medía a temperatura e enviaba a información a un ordenador cada dous segundos, este aparello tiña un anticonxelante na batería porque ó chegar a troposfera a temperatura chegaba a – 60º. Tamén vimos as diferenzas entre clima e tempo. O tempo é a temperatura, o vento… nun momento e lugar determinado e para facer o clima dun lugar tes que estudar o tempo durante 30 anos e serve para saber se o clima cambia ou se o tempo é diferente ao normal…. O MeteoGalicia traballa en común co CESGA xa que necesita facer moitos cálculos complicados e facelos manualmente levaría moitísimo tempo.

En conclusión foi unha boa excursión na que aprendimos moitísimas cousas e disfrutamos moito, o único que creo que non era necesario ver é o Museo de Historia Natural da USC.

Esta entrada foi publicada en TIC 2º Bac e etiquetada , , , . Garda o enlace permanente.

Os comentarios están pechados.