Excursión a Santiago

O derradeiro mércores, 3 de novembro, ás 7 da tarde, demos por concluída a nosa escursión escolar, e fixémolo visitando os 3 ambientes científicos máis importantes de Santiago de Compostela, que son MeteoGalicia, el IGE (instituto galego de estadística), o CESGA (centro de supercomputación de Galicia) e o Museo de Historia Natural da USC.

Comezamos visitando MeteoGalicia, onde nos ensinaron un pouco por encima como se rexistraban todos os datos e se facían as predicións, acto seguido fomos tirar un globo meteorolóxico ó ceo e vimos como se seguía vía satélite.

Despóis encamiñámonos cara o IGE, onde presenciamos un exemplo dunha enquisa nas que se recollen os datos das estatdísticas, e a maiores indagamos nunha web de estadística nas que podías ver estadísticas curiosas, como cantos nomes iguales ca o teu hai en Galicia.

Despóis dunha breve pausa para comer visitamos o CESGA, un dos maiores supercomputadores de España, persoalmente penso que foi a parte máis aburrida, xa que, despois dunha longa charla, simplemente subimos a ver a CPD e de volta para o autobús.

http://media.lavozdegalicia.es/scale.php?i=/default/2014/05/20/00121400603162606417860/Foto/S31Y1077.jpg&w=795px

Para rematar, botámoslle unha ollada ó Museo de Historia Natural da universidade, para min o máis interesante da salida, onde puidemos ver dende animais exóticos ata minerais preciosos, sen contar gran cantidade de cousas ás que non lles demos tanta importancia, como a colección de microscopios.

Esta entrada foi publicada en TIC 2º Bac e etiquetada , . Garda o enlace permanente.

Os comentarios están pechados.