Viaxe cultural a Santiago

Nesta viaxe a Santiago visitamos lugares moi diferentes ainda que relacionados entre si, aínda que resulten dúas ideas moi antagónicas. En primeiro lugar fomos ao Meteogalicia, lugar no que se estuda e se precide o tempo e o clima. Comentaronnos como se fan as medidas meteorolóxicas cun globo sonda que lanzan ao aire e os diferentes instrumentos que teñen nas estacións meteorolóxicas para medir as variables que afectan ao tempo.

No instituto galego de estatística, explicáronnos os obxectivos que se realizan alí e as principais ocupacións que executan e como o fan. Realizamos unha enquisa na súa páxina web e puidemos ver como chamaban a unha persoa para facerlle unha das enquisas.

Despois fomos ao CESGA, institución sobre a que falo no meu artigo anterior. Vimos a sala na que teñen os supercomputadores. Contáronnos que servizos ofrecen aos multitudinarios usuarios que teñen, os compoñentes dos ordenadores e como funcionan.

Para rematar fomos ao museo de historia natural no que puidemos ver todo tipo de animais disecados e un gran número de rocas e minerales, así como unha gran variedade de conchas mariñas, microscopios e mostras de diferentes chans.

Esta entrada foi publicada en TIC 2º Bac, Xeral e etiquetada , , , , . Garda o enlace permanente.