Excursión a Santiago

Resultado de imagen de foto meteogalicia universidade laboral

O día 2 de novembro tivemos unha excursión a Santiago onde visitamos MeteoGalicia , o Instituto Galego de Estatística , o CESGA e o Museo de Historia Natural.En MeteoGalicia podemos ver en persoa como fan as predicións do tempo mediante un globo sonda do cal vimos o seu lanzamento.

No IGE puidemos ver as ferramentas que nos pon a disposición na súa páxina , tamén puidemos presenciar en directo a simulación de como sería unha enquisa.Na visita ao CESGA tivemos unha explicación sobre os servizos e o apoio ao investimento científico , como pode ser a súa colaboración con MeteoGalicia para realizar os cálculos necesarios para as súas predicións.Por último visitamos o Museo de Historia Natural onde fixemos unha visita libre onde puidemos ver grandes coleccións de fauna ,tanto terrestre coma mariña , xeoloxía , botánica….

 

 

Esta entrada foi publicada en TIC 2º Bac e etiquetada . Garda o enlace permanente.

Os comentarios están pechados.