Excursión a Santiago de Compostela

Na viaxe cultural á cidade de Santiago de Compostela tivemos a oportunidade de visitar distintos lugares de interese.

En MeteoGalicia

En primeiro lugar fomos a Meteogalicia, onde nos ensinaron a súa forma de traballo e como contribúen ás predicións meteorolóxicas continentais e do mar. Fixéronnos unha demostración de como se lanza un globo meteorolóxico, o cal é un globo aeroestático que eleva instrumentos na atmosfera para recoller información de varios parámetros atmosféricos (a presión, a temperatura, a humidade…) por medio dun aparello de medida desechable chamado radiosonda.

A continuación fomos ao Instituto Galego de Estatística, alí ensináronnos algunhas utilidades da súa páxina web e fixéronnos unha simulación do que sería unha enquisa en directo. Tamén nos ensinaron os terminais informáticos cos que contan e xusto na nosa visita o  aparello que refrixeraba os computadores atopábase estragado. Unha curiosidade que aquí nos dixeron foi que toda a información que tiñan alí gardada durante un período aproximado de 25-30 anos, non ocupaba máis de 2 teras.

Logo fomos ao CESGA, onde nos contaron máis ou menos como é o funcionamento do centro e as súas instalacións, e alí tamén visitamos o supercomputador Finisterrae.

Por último fomos ao Museo de Historia Natural da Universidade de Santiago, alí tivemos unha breve visita libre observando as distintas partes do museo, divididas en seres vivos e minerais e rochas.

Foi unha gran oportunidade de coñecer e visitar novos lugares.

Esta entrada foi publicada en TIC 2º Bac e etiquetada , . Garda o enlace permanente.

Os comentarios están pechados.