Excursión a Santiago

O pasado 2 de novembro fomos de excursión a Santiago onde vimos: MeteoGalicia, o Instituto Galego de Estadística, o CESGA e o Museo de Histora Natural.

En MeteoGalicia explicáronos como lanzan o globo sonda e como funciona e explicaronos como interpretar a información que dan os radares. Tamén ensinaronos os elementos que ten unha estación meteorolóxica e como funcionan.

No Instituto Galego de Estadística fixeronos unha simulación dunha enquisa para mostrarnos como se fai e tamén ensinaronos os servidores que teñen para gardar a información. Tamén ensinaronos as aplicacións educativas que ten a seu Portal Educativo.

No CESGA explicaronos o que fan e as aplicacións que ten e tamén ensinaronos o Finisterrae, que é o supercomputador que utilizan.

No Museo de Historia Natural vimos a exposición que teñen: animais, minerais, cunchas e microscopios.

Resultado de imagen de centro de supercomputación de galicia
Esta entrada foi publicada en TIC 2º Bac e etiquetada , , , . Garda o enlace permanente.