Visita a Santiago de Compostela

O pasado mércores 2 de novembro os alumnos de 2ºD e 2ºE do instituto Universidade Laboral desprezámonos a Santiago de Compostela para visitar as instalacións de MeteoGalicia, do IGE, do CESGA e do museo de Historia Natural.

Todas as visitas resultaron produtivas posto que de cada unha delas descubrimos cuestións interesantes, como por exemplo: que MeteoGalicia lanza un globo cada semana para facer unha sondaxe da atmosfera, e ademais tivemos a sorte de presenciar un destes lanzamentos.

Pero se tivese que destacar algo que me resultase especialmente interesante falaría dunha das actividades que levamos a cabo no IGE, Instituto Galego de Estatística, porque a través da exploración da súa web coñecín diversas curiosidades acerca da nosa comudidade; como que o sector servizos é o predominante en Galicia ou en que concellos hai máis persoas co mesmo nome ca min.

Esta entrada foi publicada en TIC 2º Bac e etiquetada , . Garda o enlace permanente.

Os comentarios están pechados.