TIC1.CESGA (Centro de Supercomputación de Galicia)

Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) é un centro de cálculo de altas prestacións situado en Santiago de Compostela. Proporciona servizos de cálculo e comunicacións ás comunidades e ó pertencente ao  investigadoras galegas, ao CSIC e a calquera empresa ou institución que o solicite.        Resultado de imaxes para cesga

A Fundación CESGA nace do compromiso da Xunta de Galicia co apoio das tarefas de investigación e do interese  do “Consello Superior de Investigacións Científicas”. A súa misión é contribuír ó avance da Ciencia e da Técnica, mediante a investigación e aplicacións de computación e comunicación de altas prestacións, promovendo o uso do cálculo intensivo, comunicacións avanzadas e o desenvolvemento das tecnoloxías de información e comunicación.

Os nodos de computación do CESGA son o HP Cluster Superdrome, o GRID e o Súper Computador Vectorial Galego. Aínda que o nodo mais potente é o pertencente ao Fisterrae, instalado no 2007 e que ocupou  o TOP100 do TOP500  dos Supercomputadores mais potentes do mundo e o terceiro  mais potente de España. Este sistema componse de 2528 procesadores Intel IA 64 Itanium Dual Core 1.6 hz.

Destaca e amplia unha idea sobre o CESGA

 

Esta entrada foi publicada en Cultura científica 1º Bacharelato, TIC 2º Bac e etiquetada . Garda o enlace permanente.

5 Responses to TIC1.CESGA (Centro de Supercomputación de Galicia)

  1. davidculci di:

    O supercomputador recibe o nome de Finisterrae porque conta con 85 km de cable, distancia que separa a Santiago de Compostela de Finisterre. Este proxecto está impulsado pola Xunta de Galicia e o Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), iniciouse no ano 2006 cun custo de 60 millóns de euros aproximadamente. Actualmente funciona a pleno rendemento e ao 90% da súa capacidade de procesamento, proporcionando servizos de cálculo intensivo e comunicacións avanzadas en varias ramas da investigación.

  2. candelaculci di:

    O CESGA organiza un curso sobre A Optimización e profiling de aplicacións usando ferramentas de Intel, o obxectivo xeral do curso é proporcionar ao alumno un entrenamento básico no uso das ferramentas de Intel destinadas á depuración e optimización do código secuencial e paralelo. As ferramentas que se estudarán neste curso son: Intel Advisor, Intel Inspector, Intel VTune, e Intel Trace Analyzer and Collector, todas elas disponibles para os usuarios do CESGA dentro do Supercomputador Finisterrae II.

  3. beatriculci di:

    A Fundación ten como misión contribuir ao avance da Ciencia e a Tecnoloxía, mediante a investigación e aplicación da computación e comunicacións de altas prestacións, en colaboración con outras institucións, para o beneficio da Sociedade.

    En xeral son fins da Fundación todos aqueles que promovan a investigación e uso do cálculo intensivo, comunicacións avanzadas. Dedicando especial atención as relacións de cooperación entre os centros de investigación públicos ou privados e o sector productivo.

  4. selvaculci di:

    A Fundación Pública Galega Centro Tecnolóxico de Supercomputación de Galicia (CESGA) é o centro de cálculo, comunicacións de altas prestacións e servizos avanzados da Comunidade Científica Galega, Sistema Académico Universitario e do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC).
    Ten como misión contribuír ao avance da Ciencia e a Tecnoloxía, mediante a investigación e aplicación de computación e comunicacións de altas prestacións, así como outros recursos das tecnoloxías da información, en colaboración con outras institucións, para o beneficio da Sociedade.

  5. tanaculci di:

    Paréceme unha fundación interesante, á parte de que é sen ánimo de lucro e de interese galego. Todas as investigacións fanse parta o beneficio da sociedade e cuns fins que promovan a investigación e o cálculo intensivo. Esta fundación tamén se compromete ao desenvolvemento de políticas que integren a igualdade de trato e oportunidades entre mulleres e homes,
    como un principio estratéxico da nosa Política Corporativa e de Recursos Humanos, por exemplo.

Deixa unha resposta