CESGA

Resultado de imagen de cesgaCESGA, ou Centro Tecnolóxico de Supercomputación de Galicia é o centro de cálculo, comunicacións e servizos avanzados do Sistema Académico Universitario e do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC). A Xunta de Galicia, o CSIC e as 3 Universidades galegas teñen representación nesta institución sen ánimo de lucro, onde participan en diversos proxectos de forma activa.

Entre os seus obxetivos atopamos contribuir ó avance da Ciencia e a Técnica, así como outros recursos das tecnoloxías da información.  Para iso colaboran con outras institucións e empresas, tanto nacionais como internacionais a través da participación conxunta en proxectos de investigación. Xa realizaron máis de 100 proxectos nos últimos 5 anos, entre eles o ATLAS (en colaboración co CERN), YES e o SmartLM.

As infraestruturas están destinadas a incrementar a capacidade investigadora e tecnolóxica da comunidade científica e da industria. Entres os seus recoñecementos atopamos o da instalación como Infraestrutura Científico Tecnolóxica Singular de España (ICTS).

Entre os sistemas de computación instalados atopamos o Finis Terrae II  e o SVG.

 

FinisTerrae2

 

 

Esta entrada foi publicada en TIC 2º Bac e etiquetada , . Garda o enlace permanente.