CESGA

Resultado de imagen de imagenes cesga

A Fundación Pública Galega Centro Tecnolóxico de Supercomputación de Galicia (CESGA) é o centro de cálculo, comunicación de altas prestacións e servizos avanzados da Comunidade Científica Galega, Sistema Educativo Universitario e do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC).

A fundación CESGA nace do compromiso da Xunta de Galicia de promover servizos comúns de apoio ás tarefas de investigación e, por outra parte, do interese do Consello Superior de Investigacións Científicas de promocionar en Galicia un entorno de traballo na área de cálculo intensivo, comunicacións e servizos avanzados na sociedade da información e o coñecemento.

Ten como misión contribuír ó avance da técnica e da ciencia, mediante a investigación e aplicación da computación e comunicacións de altas prestacións.

As súas investigacións actuais céntranse en diferentes campos como a nanotecnoloxía, as ciencias da saúde e da vida, desenvolvendo solucións para aqueles traballos biolóxicos que precisan gran cantidade de cálculo, ou ciencias do océano, colaborando con Meteogalicia ou o Instituto Español de Oceanografía.

Dende 2008, o CESGA acolle o Finis Terrae I, un servizo de supercomputación de alto rendemento moi ben adaptado, deseñado para reducir ó mínimo o tempo de solución das demandas máis vixentes, tanto científicas como industriais dos usuarios. É o supercomputador máis importante da nosa comunidade.Resultado de imagen de finis terrae cesga

Esta entrada foi publicada en TIC 2º Bac e etiquetada . Garda o enlace permanente.