Centro de Supercomputación de Galicia

null

O CESGA (Centro de Supercomputación de Galicia), é un centro de comunicacións de altas prestacións, de cálculo intensivo e de servizos avanzados, que se atopa na cidade de Santiago de Compostela (A Coruña) e foi inaugurado en 1993.

Ocupa un edificio de case 2.000 metros cadrados no campus sur de Santiago de Compostela. O edificio, obra do arquitecto Gabriel Santos Zas, foi construído en 1992, en terrenos cedidos polo CSIC, e deseñado especificamente para ser ocupado por un centro de supercomputación e comunicacións. Ten un persoal dunhas 50 persoas, contando directivos, doutores, enxeñeiros e licenciados, técnicos e administrativos.

O CESGA facilita servizos de computación fundamentalmente a investigadores e tecnólogos que usan ferramentas de cálculo científico e tecnolóxico, os cales son os seguintes.

  • Servizos de asesoramento na procura, selección e desenvolvemento de algoritmos, programas e arquitecturas.
  • Servizo de porting de códigos e optimización de programas.
  • Servizo de análise e deseño de contornas de traballo cómodos e produtivos.
  • Servizo de computación Cloud.
  • Servizo de visualización remota.

Os investigadores das universidades galegas, centros do Centro Superior de Investigacións Científicas (xa que o CESGA está afiliado co CSIC)  e departamentos de I+D de empresas públicas ou privadas que o demanden, poderán acceder a estes servizos que o CESGA ofrece.

Aloxa o supercomputador Finisterrae, o cal é o tercer supercomputador máis potente de España segundo o TOP500, (no cal ocupou o posto número 100) un ranking que contén os 500 mellores supercomputadores do mundo.

Esta entrada foi publicada en TIC 2º Bac e etiquetada . Garda o enlace permanente.

One Response to Centro de Supercomputación de Galicia

  1. Pingback: Visita Cultural a Santiago de Compostela | Ciencia e TIC ulaboral