CESGA: Centro de Supercomputación de Galicia

Resultado de imagen de cesga

Fai “Click” para acceder a web oficial desta fundación.

O Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) é un centro de cálculo de altas prestacións situado na cidade de Santiago de Compostela.

A Fundación CESGA nace como consecuencia do interese por parte da Xunta de Galicia de promover servizos comúns de apoio ás tarefas de investigación, e por outro lado, do interese do “Consello Superior de Investigacións Científicas” de promocionar en Galicia unha contorna de traballo na área do cálculo intensivo, comunicacións e servizos avanzados na sociedade da información e o coñecemento.

O obxectivo desta fundación é contribuír ao avance da Ciencia e a Técnica, mediante a investigación e aplicación de computación e comunicacións de altas prestacións, así como outros recursos das tecnoloxías da información, en colaboración con outras institucións, para o beneficio da Sociedade. Entre as súas instalacións conta co supercomputador Finisterrae, Supercomputador Virtual Galego e outros computadores aloxados.

Esta entrada foi publicada en TIC 2º Bac e etiquetada . Garda o enlace permanente.