CESGA

O Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA), ubicado en Santiago, é o centro de cálculo, comunicacións de altas prestacións e servicios avanzados da Comunidade Científica Galega, do Sistema Académico Universitario e do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC). A súa misión é contribiur ó avance da ciencia e da técnica e os seus fines son que se promova a investigación e o uso do cálculo intensivo, comunicacións avanzadas e o desenvolvemento das tecnoloxías da información e comunicacións.

O CESGA dispón de infraestructuras avanzadas destinadas a incrementar a capacidade investigadora e tecnolóxica da comunidade científica e industrial. As máis significativas están destinadas a proporcionar grandes potencias de cálculo computacional en entornos científicos e tecnolóxicos.

No CESGA encóntrase o supercomputador Finisterrae o cal componse de un sistema de almacenamento xerárquico con 22 nodos e 96 núcleos de proceso. Tratase dun sistema HP-SFS de almacenamento paralelo composto por 72 cabinas conectadas a 864 discos duros SATA cunha capacidade total de 216 terabytes. O software para a administración utilizado é LUSTRE basado no código aberto.

https://www.cesga.es/images/noticias/imaxesidentidade/cesga_pq_texto.jpg

Para máis información pincha na foto.

Esta entrada foi publicada en TIC 2º Bac e etiquetada . Garda o enlace permanente.

Os comentarios están pechados.