CESGA

A Fundación Pública Galega Centro Tecnolóxico de Supercomputación de Galicia (CESGA) é o centro de cálculo, comunicacións de altas prestacións e servizos avanzados da Comunidade Científica Galega, Sistema Académico Universitario e do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC).

Resultado de imagen de cesga

A Fundación ten como misión contribuír ao avance da Ciencia e a Técnica, mediante a investigación e aplicación de computación e comunicacións de altas prestacións para o beneficio da Sociedade.

CESGA dispón de  infraestruturas avanzadas  destinadas a incrementar a capacidade investigadora e tecnolóxica da comunidade científica e a industria. A alta calidade das infraestruturas dispoñibles,motivou o recoñecemento da instalación como Infraestrutura Científico Tecnolóxica Singular de España (ICTS).

A continuación un vídeo onde se fala do CESGA  e de qué e capaz, en honor a que cumpliu dúas décadas no 2014:


Esta entrada foi publicada en Sin categoría, TIC 2º Bac e etiquetada , , , . Garda o enlace permanente.