O CESGA é o centro de supercomputación de Galicia. Nel realízanse cálculos, comunicacións de altas prestacións e servizos avazados da comunidade científica galega, o Sistema Académico Universitaro e do Consello de Investigacións Científicas (CSIC).
Algúns dos seuas servizos son almacenamiento de datos do usuario, a inxeniería de redes de comunicacións avanzadas, o apoio no deseño e desenvolvemento de proxectos de I+D+i e a explotación das ferramentas de colaboración e recursos de aprendizaxe online, entre moitos outros.
Neste centro atópase un dos supercomputadores máis potentes de España. Cunha memoria RAM de 20.000 GB (Gigabytes), o Finis Terrae atópase no posto 100 da lista Top 500, unha clasificación dos computadores máis potentes do mundo. En España é o número tres en potencia de cálculo, e tralo Mare Nostrum, do Centro Nacional de Supercomputación, é o segundo con maior capacidade de memoria. Ocupa 140 metros cadrados e pesa 33,5 toneladas.
Aquí deixo unha noticia moi intersantet sobre unha das aplicacións que poden ter este tipo de ordenadores : aplicacións xenéticas dos supercomputadores