Centro de Supercomputación de Galicia

Resultado de imagen de CESGA

O Centro de Supercomputación de Galicia , ubicado en Santiago, conta con moitas infraestruturas científico-técnicas destinadas a investigación no ámbito científico e na industria.

Ademais de iso é dende as súas infraestruturas onde dirixen todas as nosas aulas virtuais e onde teñen a todas as redes académicas nacionais e internacionais. Este centro ten como obxectivo principal favorecer a xeración de coñecementos a niveis científicos tecnolóxicos e industriais e prestar servizos de alta calidade tanto de cálculo coma de almacenamento a comunidade científica.

Ademais de isto cabe destacar que contan con un servidor e supercomputadora de altísimas prestacións chegando a ter 893,3 xigaflops ,os cales permiten unha gran capacidade de cálculo .O seu supercomputadora , o HP Cluster Superdome , está constituído por un cluster (conxunto de computadoras que actúan como se fosen unha) de dous HP Integrity Superdome , de ahí o seu nome de HP Cluster.

Este conta con 128 procesadores e cun dos procesadores Intel maís avanzados da nova xeración o cal permite mover simultaneamente Linux , Windows e UNIX e pode resolver cerca de miles de millóns de operacións por segundo o cal permite abordar centos de problemas de altísima complejidad en moi pouco tempo e que de outra forma precisaríase de moitos recursos. Para máis información visita a web oficial do CESGA:
https://www.cesga.es/es/inicio

 

Esta entrada foi publicada en TIC 2º Bac, Xeral e etiquetada , . Garda o enlace permanente.