CESGA

https://pbs.twimg.com/profile_images/2257328358/logo_cuadrado_400x400.jpg

Click na imaxe para entrar á páxina oficial do CESGA

CESGA son as siglas para o Centro de Supercomputación de Galicia localizado en Santiago de Compostela. Nas súas instalacións están o supercomputador “Finis Terrae II”, cunhas especificacións impresionantes.  Leva este nome porque conta cun cable de 85 km, é dicir  a distancia que separa Santiago de Finisterra.

Actualmente funciona practicamente a pleno rendemento, proporcionando servizos de cálculo intensivo e comunicacións avanzadas en varias ramas da investigación. Pode saberse o estado de traballo do supercomputador en calquera momento visitando Monitor de Finisterrae.

O principal cometido do CESGA é proporcionar servizos avanzados de computación á comunidade científica galega, sistema académico universitario e ó Consello Superior de Investigacións Científicas.

As súas principais áreas de actividades son : HPC, HTC e Computación en Grid, almacenamento de datos, E-Learning e ferramentas de colaboración, entre outras.

 

 

Esta entrada foi publicada en TIC 2º Bac e etiquetada . Garda o enlace permanente.