FENÓMENO DO NENO

FENÓMENO DO NENO:


O Neno é un fenómeno meteorolóxico que se dá no Pacífico; a súa orixe relaciónase co nivel da superficie oceánica e as súas irregularidades na temperatura. Este fenómeno trae consigo secas e inundacións de gran magnitude.

As condicións que orixinan o Fenómeno do Neno poden describirse así: en condicións normais as correntes atmosféricas desprazan lixeiramente o volume de auga do océano Pacífico cara á costa este; pero nas condicións do Neno, algunhas correntes atmosféricas quedan alteradas, diminúen a intensidade na súa dirección habitual (oeste-este) e mesmo chegan a inverterse.


Tal diminución da corrente superficial repercute sobre a vida mariña con significativas consecuencias. A irregularidade térmica da superficie oceánica altera o clima habitual das rexións afectadas (costa de Sur América, especialmente Perú e arquipélagos do Pacífico como as Galápagos) manifestándose entón con fortes inundacións e secas.
Territorios do interior que habitualmente se caracterizan pola súa humidade, entran nun período de seca; en tanto o deserto florece debido ás copiosas precipitacións. As lagoas andinas sécanse totalmente; noutras zonas, as chuvias torrenciais lévanse pontes, camiños, e ata vidas humanas. Durante un Neno morre unha gran cantidade de especies mariñas, a diminución da concentración de substancias alimenticias na superficie, incide directamente nesa elevada mortalidade. A diminución de nutrientes inflúe directamente na produción de algas, a cal sofre unha mingua considerable. Se a base da cadea alimenticia se ve tan seriamente afectada é lóxico que tanto herbívoros e depredadores sufran unha diminución proporcional.



Acerca de nac812

Educador
Esta entrada foi publicada en CTMA 2º Bacharelato, Xeral e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.