BLOG 20: Categoría TIC no teu blog

Podes elixir libremente o título e tema do blog, pero  que sexa un blog susceptible de ser incorporado ao teu PLE. É dicir, debe ser un blog de corte serio. Pode ser un blog centrado no teu labor como estudante, é dicir de carácter pedagóxico, ou un blog para a aula, un blog sobre un tema de investigación ou traballo no que esteas traballando actualmente ou che gustaría traballar, un blog sobre unha materia que che gusta, ou sobre algún tema relacionado con ela, ou relacionado coas TICS, etc. Se xa tes un blog deste tipo non é necesario abrir outro. Ten que ter polo menos unha categoría denominada TIC.

Resultado de imagen de blogger

Unha vez creado o blog,  debes crear un artigo de presentación do blog, é dicir, aquel onde se manifestan os obxectivos do blog, e de que se vai falar nel no sucesivo. Non é necesario ser moi restritivos.

O artigo debe conter obrigatoriamente, polo menos:

  • unha imaxe ao inicio (no lado esquerdo),
  • algún código HTML incrustado (vídeo, documento, presentación, etc.) 

  • 2 ligazóns

  • 3 etiquetas relacionadas co artigo, que permitan logo clasificar, buscar e relacionar artigos no blog 

Acerca de nac812

Educador
Esta entrada foi publicada en TIC 2º Bac e etiquetada . Garda o enlace permanente.