Atmosfera

A atmosfera é a capa gasosa que envolve a terra e que se mantén unida ao planeta pola forza da gravidade. Entre as súas funcións máis importantes cabe destacar que prové aos seres vivos de gases imprescindibles para a vida, forma parte do ciclo hidrológico, sérvenos de protección fronte aos raios cósmicos e distribúe a enerxía do sol por toda a Terra.

Ten un espesor de aproximadamente 1000 quilómetros e á súa vez divídese en varias capas concéntricas sucesivas, que se estenden desde a superficie do planeta cara ao espazo exterior. Atendendo a unha clasificación en función da distribución de temperatura podémola dividir en troposfera, estratosfera, mesosfera e termosfera.

Resultado de imagen de atmosfera información capas

Esta entrada foi publicada en Cultura científica 1º Bacharelato e etiquetada . Garda o enlace permanente.

Os comentarios están pechados.