Fervenza do Ézaro

No seguinte artígo vou falar sobre a fervenza do Ézaro. Unha destas imaxes podemos contemplala na fervenza do Ézaro, entre Dumbría e Carnota onde o río Xallas cae desde máis de corenta metros de altura.

O Ézaro cae ata unha curta ría desde corenta metros de altura.

Nos seus últimos quilómetros, o Xallas discorre entre o macizo granítico do monte Pindo esta é unha das claves da beleza do Ézaro. O Xallas é un río novo, xeolóxicamente falando. Formouse probablemente durante o Terciario, entre 65 e 24 millóns de anos antes de agora. O mar galego agocha máis fervenzas como a do Xallas. Se o nivel das augas retrocedera aos puntos máis baixos da última glaciación, poderiamos ver este tipo de fenómeno en moitas rías do país. En todos os casos dáse a mesma circunstancia: o río ten unha fervenza, aínda que está agochada no fondo das rías. O Xallas, moito máis pequeno ten unha ría moito máis curta, e a fervenza cadra xusto na liña de costa.

Amais, a maior antigüidade, lonxitude e caudal destes cursos de auga incrementou a erosión da súa canle.


 

Esta entrada foi publicada en Cultura científica 1º Bacharelato e etiquetada . Garda o enlace permanente.

3 Responses to Fervenza do Ézaro

  1. jorge1a di:

    Isto so é unha mostra da bonita paisaxe de Galicia.Situado en Carnota, é unha das máis fermosas paixases que hai en Galicia.

  2. noemi1a di:

    O Monte Pindo ten una superficie de 4629 ha. Encóntrase entre os municipios de Carnota, Mazaricos, Cee e Dumbría, entre as rías de Corcubión e a de Muros e Noia.
    É o único río en Europa que desemboca no mar. A cascada ten un salto vertical de máis de 40 metros, no que o río Xallas xúntase directamente co mar, nunha mestura de auga doce e salada.
    Para mais información, aquí estan as dúas páxinas nas que busquei eu:
    https://es.wikipedia.org/wiki/Monte_Pindo
    http://noticias.eltiempo.es/2015/03/03/la-unica-cascada-de-europa-que-cae-al-mar/

  3. taniaab1a di:

    O Monte Pindo é un macizo granítico de 627 metros de altura situado no concello coruñés de Carnota. Dende a antigüidade despertou curiosidade a súa forma de “bolos”, inspirando numerosas lendas.
    No último treito do río Xallas o desnivel é de 155 metros, e a auga precipítase a 40 metros de altura dende o Monte Pindo, é a fervenza do Ézaro.
    Estes lugares teñen gran valor ecolóxico e os veciños da zona están a esixir que o Monte Pindo se nombre Parque Natural.

    Webgrafía:
    https://gl.wikipedia.org/wiki/Fervenza_do_%C3%89zaro
    https://es.wikipedia.org/wiki/Monte_Pindo
    https://www.youtube.com/watch?v=rwOYi9aJovg