Cabaliños de mar nas illas Cíes

O descobremento  fíxose o pasado 4 de febreiro, na primeira inmersión do equipo IIM nas illas Cíes para tentar localizar cabaliños de mar e peixes pipa, no marco do Proxecto Hippoparques, que se desenvolve no Parque Nacional das Illas Atlánticas. Por primeira vez, o cabaliño de mar  é fotografado nas illas Cíes.

Os científicos xa tiñan información directa da súa presenza, pero cantos máis exemplares se poidan avistar e estudar, máis completa será a información dispoñible para caracterizar e evaluar as poboacións desta especie. En función dos resultados acadados polos científicos, elaborarase un plan de protección e conservación de especies para protexer e coidar os seus hábitats.

O cabaliño de mar ou hipocampo é unha criatura moi interesante da cal hai moito que aprender. Os cabaliños de mar son unhas desas especies que elixen a unha parella para toda a vida, unha vez que esta morre tarda pouco tempo en morrer tamén xa que o outro, non poden vivir o un sen a súa parella.


-Na parella, quen é o encargado de incubar os ovos?

-Canto miden os cabaliños de mar?

 

Esta entrada foi publicada en Cultura científica 1º Bacharelato, vídeos e etiquetada . Garda o enlace permanente.

Os comentarios están pechados.